23 de novembro de 1837: 1ª acta do Concello de Narón

ac9f1-escudo_new

Fai anos que me crucei con este documento por vez primeira, foi nunha clase de historia no instituto. A nosa mestra tróuxonolo como curiosidade, pois conseguira unha fotocopia del froito dunha amizade con outra mestra que era concelleira naquel momento. É un documento un tanto curioso, pois en lugar de ter unha pomposa acta de constitución, por circunstancias, o Concello de Narón conserva como primeiro documento do seu arquivo este acta que relata a fuxida do anterior secretario cara a América, sen entregar os documentos anteriores.
O feito é que podo compartir convosco este anaquiño da historia de Narón grazas ao concelleiro impulsor aló polo ano 1992 da festividade do Día de Narón, que hoxe conmemoramos, Miguel A. Rodríguez Aneiros.

23 de novembro de 1837 no adro de San Xiao de Narón. Ilustración de Eva Merlán.
23 de novembro de 1837 no adro de San Xiao de Narón. Ilustración de Eva Merlán.

Año de 1837

CUADERNO DE LAS ACTAS DESDE EL DÍA 23 DE NOVIEMBRE DE DICHO AÑO, QUE SE ENCARGÓ DE LA SECRETARÍA DON JOSÉ Mª MONTERO, SIN QUE ANTERIORMENTE SE LE ENTREGASE LIBRO NI CUADERNO ALGUNO.

Ayuntamiento Constitucional del Distrito de Narón

En la Casa de Audiencia de la Parroquia de S. Julián de Narón a veinte y tres días del mes de Noviembre, año de mil ochocientos treinte y siete. Reunidos en sesión los señores D. José Julián Fernández, Alcalde primero, Presidente; D. Fructuoso de Grela, Alcalde, segundo; Los Regidores D. Juan Paredes, D. Manuel Dieguez, D. José Prego de Montados, D. Ciprian Penedo, D. Manuel Sabin, D. Benito Fernández y D. Roque Antonio Gómez, los procuradores Generales D. Andrés de Lago y Losada y D. Manuel Grandal, individuos que componen el Ayuntamiento Constitucional de este Distrito de Narón, acordaron: Que en virtud de la ausencia repentina para la América del Secretario del Ayuntamiento D. José Lestache; y deseando que esta plaza sea reemplazada por una persona que reúna la aptitud, conducta, adhesión y demás circunstancias recomendables que deben adornar al que se obtenga; después de haber procedido a lo que previene sobre este particular el articulo cincuenta y ocho, capitulo primero de la Instrucción para el Gobierno económico político de las Provincias, decretada en las Cortes en tres de Febrero de mil ochocientos veinte y tres; por los correspondientes informes tomados á cerca de la persona de D. José Maria Montero; vecino de la Villa de Ferrol, pretendiente a la plaza mencionada; cuyos informes lo hacen digno de ella han elegido a D. José Maria Montero Secretario interino de esta Corporación por la ausencia de D. José Lestache; de cuyo empleo no se reemplazo sin formalidades prevenidas en el articulo sesenta capitulo primero de la instrucción referida; cuyo nombramiento se ponga en conocimiento de la Excma. Diputación Provincial para su superior aprobación.
Así lo acuerdan y firman los Sres. de Ayuntamiento con mi el Secretario interimo.
Siguen firmas.

Bandeira do Concello de Narón
Bandeira do Concello de Narón

Mosteiro de San Martiño de Xubia – O Couto (Narón)

Sobor do Mosteiro de San Martiño de Xubia, hoxe parroquia do Couto, en Narón, poderíanse dicir moitas cousas. E sen embargo eu vou preferir centrarme na súa contemplación, no mediodía dun caluroso día de verán ás portas de agosto. Anímovos a buscar información sobre a súa historia, íntimamente ligada á da Terra de Trasancos e o actual Concello de Narón.

Igrexa de Santiago de Pontedeume

Onte fun á vila dos Andrade para participar coa banda de música de Charamela de Pontedeume no pregón das populares festas das Peras, que a vila eumesa celebra á fin do verán na honra da Virxe das Virtudes, e que recibe o nome do mercado de froita (sobre todo peras, que se dan neste tempo) que fan durante as mesmas, ademáis doutras tradicións coma o desfile cos mómaros e a cucaña marítima.

A miña primeira idea foi levar a cámara para facer unha pequena reportaxe destas senlleiras festas, aprobeitando que tiña a oportunidade de estar alí, pero a realidade non sempre se axusta aos plans previstos, e rematei sacando só unhas poucas fotos da impoñente igrexa desta señorial vila, adicada ao patrón Santiago.

A igrexa de Santiago de Pontedeume ten orixe gótica, pero como resultado de sucesivas fases reconstructivas posteriores, presenta unha arquitectura sobre todo neoclásica. De planta rectangular de tres naves, a capela maior é unha mostra do estilo gótico tardío, mandada construír por Fernando de Andrade, señor fuedal da bisbarra, en 1538; nela atópase o seu sepulcro, cuxa estatua xacente data de 1540.

No seu interior conta cunha ornamentación formada por numerosos retablos tardobarrocos e neoclásicos. O resto da igrexa é de estilo neoclásico, mandada edificar polo arzobispo de Santiago de Compostela Bartolomé Rajoy e Losada, natural de Pontedeume.

Destaca a súa monumental fachada neoclásica con reminiscencias barrocas, organizada en tres lenzos. Nos lenzos laterais atópanse portas de entrada secundarias e torres campanario. No lenzo central está a porta principal, separada por dúas grosas columnas e unha ventá para a iluminación interior, así como o campanario principal.

O caso da igrexa de San Pedro de Loira (Valdoviño)

Loira, supoño que para moitos pasa desapercibido este recuncho do concello de Valdoviño, e tamén sería así no meu caso se non fose porque xunto coa veciña parroquia de Santa María de Bardaos (San Sadurniño) onde naceu meu pai, aquí naceu miña nai e viveu a súa infancia coa súa familia.

Isto quere dicir que estes dous recantos da Terra de Trasancos son o escenario de gran parte das historias que meu pais contaban de cando eran nenos, e pese a que son contadas as ocasións nas que eu estiven físicamente alí seguen sendo lugares de referencia para mín.

Encoro das Forcadas. Loira, Vilaboa, Vilarrube…

No ano 1966 contruíuse o encoro das Forcadas, no val do río do mesmo nome que limita as parroquias de Loira e Vilaboa para levar auga ata a crecente poboación da cidade de Ferrol, e que rematou fornecendo de auga a toda a bisbarra. A construcción desta infraestructura, dunha central hidroeléctrica e das conduccións subterráneas para levar a auga ata Ferrol tiveron fortes consecuencias para a parroquia de Loira. Ademáis de perder baixo as augas parte do val do río Forcadas, as voladuras para o túnel subterráneo que trae a auga ata Ferrol pasaron por debaixo da antiga igrexa parroquial de San Pedro, cuxa estructura se resentíu e que finalmente foi abandonada.

Os anos de peche non pasaron en balde, cando eu era pequeno aínda lembro pasar por alí preto e aprecia a igrexa vella pechada, pero estructuralmente íntegra… nas fotos que atopei rebuscando por google xa se aprecia como nos últimos anos o peche deu lugar ao abandono total e a vexetación tomou o control da propiedade, polo que agora pouco máis podemos que intuír a súa presenza.

Igrexa vella de San Pedro de Loira
A igrexa vella de Loira
Igrexa abandonada de Loira, tomada xa pola vexetación

Non puiden ir ata alí a comprobalo, ninguén me contou a historia de primeira man con datos contrastados, e tampouco sen contrastar; polo que non podo saber se foi abandonada por mor dos danos estructurais da obra en sí, ou polo seu progresivo abandono. Noutras palabras, eu non estou en situación de saber se se podía recuperar esta histórica igrexa que contaba cunha fermosa cúpula gótica e cun artístico retablo que se trasladou á nova igrexa, de características arquitectónicas ben distintas…

Detalle da bóveda da igrexa vella
Detalle do retablo
Detalle da bóveda. Igrexa vella.
Igrexa “nova” de San Pedro de Loira

Un caso distinto ocorreu na parroquia veciña de San Vicente de Vilaboa, na outra beira do Río Forcadas, onde decidiron abandonar a igrexa vella e construír outra nova moi preto, quizais polo mal estado da antiga. As cualidades arquitectónicas da nova construcción son diferentes das de Loira, máis non creo que moito mellores… E boa proba diso é o feito insólito de que anos máis tarde se decidise abandonar a igrexa nova polo seu mal estado e rehabilitar e restaurar a antiga igrexa, que é a que se usa na actualidade. E case coma se o encoro das Forcadas actuase como un espello.

Igrexa “nova” de Vilaboa (abandonada)
Igrexa de San Vicente de Vilaboa
Antiga igrexa de Vilaboa (rehabilitada)

Globo das festas de San Roque en Betanzos

A velada comezou da man da Orquestra Marbella, que amenizou a verbena na espera do tan ansiado momento da solta do globo, o máis grande do mundo feito en papel.

Praza dos Irmáns García Naveiras de Betanzos, vista dende o palco por cortesía da Orquestra Marbella.

O proceso para soltar o globo iniciouse ás 23:30 cando se empezou a dispoñer todo o preciso para o proceso de hinchado, que comezou ás 00:00 horas e durou en torno a media hora. Para isto saíu o globo pregado dende o interior da igrexa, e unha vez na praza, foi levantado por unha corda dende a torre campanario, desta maneira mantívose vertical mentres de inflaba lentamente co aire quente do lume alimentado polas pallas. Conforme o globo foi collendo forma, fórono alonxando da igrexa cara ao centro dese recanto da praza. Cando estivo listo, os encargados déronlle unha volta para que a xente puidese ver as múltiples ilustracións satíricas que o decoraban, moi inxeñosas a meirande parte delas.

Tras isto, o globo despegou, estalando unha traca de lucería no aire e acompañado do repique das campás da igrexa. O lanzamento do globo veu seguido dunha sesión de fogos de artificio que incluíu a queima dunha figura diante da porta da igrexa, fogos lanzados dende alí e outra tirada de fogos maior dende a beira do Mandeo, ás aforas de Betanzos.

Finalmente, e como curiosidade, o globo rematou a súa travesía en terras do novo famoso concello fusionado de Oza-Cesuras:

Catedral de Murcia

Domingo de Ramos en Freixeiro

Se o ano pasado cruceime coa tradicional procesión de Domingo de Ramos no barrio de Esteiro, en Ferrol; este ano tocoulle o turno á celebración do meu barrio de Freixeiro, en Narón. Dende a miña casa vése sen problemas todo o que acontece arredor da humilde igrexa da virxe de Fátima, construída coa aportación dos veciños do barrio cando esta zona deixou de ser monte e se converteu no populoso barrio que é na actualidade.

Cuestión de fe e vocación.

Supoño que inducidos por esa suposta “tradición” cristiá española (xa falaremos outro día disto…) os nosos gobernantes e demáis políticos non deixan de lanzarnos e manexarnos con tácticas máis propias dunha institución relixiosa que dunha clase política medianamente formada. Se supón que todo o temos que crer, sen ver. Presunción de inocencia, excepto cando se fale dos demáis, esos son sempre culpables.

Xa hai quen explica a reacción do goberno esgrimindo o seguinte argumento: os que cren en Mariano Rajoy van seguir facéndoo diga o que diga, non precisa esforzarse moito… teñen fe nel. E os que xa non crimos nel nunca non nos vai poder convencer de maneira algunha, así que tampouco lle compensa gastar moitas enerxías intentándoo. O PP transformou a corrupción nunha cuestión de fe, non de transparencia. Agora toca esperar pola xustiza, ou rezar…

Todo isto dito dende o respeto, por suposto. Non aos políticos, eses xa perderon o meu fai tempo, faltándomo a mi, senón aos bos cristiáns que de nada teñen culpa… nin sequera do que “supostos portavoces” seus din, e que en moitos casos non representa a opinión nin o sentir da maioría, que non semellan tan radicais.

Enlazando co tema espiritual, a actualidade de hoxe me leva a referirme ao tan estimado ministro de Educación, Cultura e Deporte, o señor José Ignacio Wert, de quen se publican hoxe unhas declaracións a través de Europa Press nas que se refire ao ámbito universitario, argumentando que se cadra os estudantes debiamos estudar pensando máis na empleabilidade que nos nosos gustos. Me resulta sorprendente, este ministro nos está invitando a abandonar a nosa vocación! incluso un posible talento, en beneficio da elección dunha carreira que “teña salida laboral”.

Se me poño a comentar detidamente todo isto podo botar un ano enteiro barrenando (e incluso escribindo…) e non se trata tampouco diso… non? Deixo plantexado o debate para máis adiante, pois semella que ningún destes temas remata aquí. E tampouco creo que se os políticos non se molestan en dar máis explicacións… eu teña que dalas. Se vos apetece credes en min, e se nón… alegrádevos de ser cidadáns críticos.

Lembranzas de Ingesund (I): banda, orquesta e coro

11 de setembro de 2012. Aula Magna, Universidade de Karlstad.
Sommarvalsen (solista: Ale Möller). Banda da Ingesund Musikhögskolan.

17 de novembro de 2012. Brunnskog kyrka.
Camille Saint-Säens: Sinfonía no. 3 “Órgano”.
Orquestra Sinfónica da Ingesunds Musikhögskolan.



22 de novembro de 2012. Aulan, Ingesund Musikhögskolan.
Bach: Koral 28 “Dies hat er Alles uns getan” / Händel: Hallelujah
150 ungdomar möter BACH & HÄNDEL
General repetition. Musikhögskolan Ingesund. Aulan.