Cuestión de fe e vocación.

Supoño que inducidos por esa suposta “tradición” cristiá española (xa falaremos outro día disto…) os nosos gobernantes e demáis políticos non deixan de lanzarnos e manexarnos con tácticas máis propias dunha institución relixiosa que dunha clase política medianamente formada. Se supón que todo o temos que crer, sen ver. Presunción de inocencia, excepto cando se fale dos demáis, esos son sempre culpables.

Xa hai quen explica a reacción do goberno esgrimindo o seguinte argumento: os que cren en Mariano Rajoy van seguir facéndoo diga o que diga, non precisa esforzarse moito… teñen fe nel. E os que xa non crimos nel nunca non nos vai poder convencer de maneira algunha, así que tampouco lle compensa gastar moitas enerxías intentándoo. O PP transformou a corrupción nunha cuestión de fe, non de transparencia. Agora toca esperar pola xustiza, ou rezar…

Todo isto dito dende o respeto, por suposto. Non aos políticos, eses xa perderon o meu fai tempo, faltándomo a mi, senón aos bos cristiáns que de nada teñen culpa… nin sequera do que “supostos portavoces” seus din, e que en moitos casos non representa a opinión nin o sentir da maioría, que non semellan tan radicais.

Enlazando co tema espiritual, a actualidade de hoxe me leva a referirme ao tan estimado ministro de Educación, Cultura e Deporte, o señor José Ignacio Wert, de quen se publican hoxe unhas declaracións a través de Europa Press nas que se refire ao ámbito universitario, argumentando que se cadra os estudantes debiamos estudar pensando máis na empleabilidade que nos nosos gustos. Me resulta sorprendente, este ministro nos está invitando a abandonar a nosa vocación! incluso un posible talento, en beneficio da elección dunha carreira que “teña salida laboral”.

Se me poño a comentar detidamente todo isto podo botar un ano enteiro barrenando (e incluso escribindo…) e non se trata tampouco diso… non? Deixo plantexado o debate para máis adiante, pois semella que ningún destes temas remata aquí. E tampouco creo que se os políticos non se molestan en dar máis explicacións… eu teña que dalas. Se vos apetece credes en min, e se nón… alegrádevos de ser cidadáns críticos.

Somos corzos ou que? (Reflexións dunha abstención)

Estou realmente confundido. Pero non polo resultado electoral, non por esperado deixa de ser desolador. Estou confundido poque non sei qué sentir. Non sei se sentirme culpable por non ter votado, ou indignarme porque 832.677 persoas máis tampouco o fixeron.

Sei que non son o máis apropiado para recriminar nada aos que fixeron o mesmo ca min. Pero eu teño os meus motivos para non ter votado. Non sei se os demáis os teñen, ou simplemente non lles deu a gana de baixar á rúa, achegarse ao colexio electoral, á volta da esquina, poñer unha papeleta nun sobre e v… deixar que o presidente da mesa a meta na furna. Para mín non era tan sinxelo. Ao estar en Suecia, votar supoñíame unha viaxe á outra punta do país para inscribirme en persoas no rexistro de votantes ausentes, na embaixada de Stockholm. Síntoo moito pero a miña situación económica, como estudante nun país cun nivel de vida moi superior ao de España (pero cunha bolsa de estudos que resultaría escasa incluso na península) non me permite este tipo de travesías electorais.

Pode que me teña que sentir culpable por formar parte desa inmensa maioría de galegos e galegas que onte non votamos. Pero non foi por gusto, senón por necesidade. Me costa crer que sexa o caso dos 832.677 restantes. Compatriotas, algúns de vós o tiñades moito máis fácil ca mín, e non fixestes nada. Sodes tan culpables ou máis que quenes votaron ao PP.

Porque aínda que pareza mentira, eles puxeron da súa parte… pois recibiron a confianza de 135.493 galegos e galegas menos. Digan o que digan, as cifras cantan. Sen embargo, os resto quedamos calados, e ao non dicir nada, pese a ser menos xente, incluso pese a representar menos porcentaxe sobre o total de votos emitidos… terán máis poder. E nolo van recordar cada vez que poidan…

Non intentedes clasificarme, se tivese a oportunidade de ter votado non teño nada claro a quén lle tería dado o meu voto. Probablemente, de estar en Galicia tivese ido a varios mítines, e visitado moitas webs, falado con moita xente… porque a decisión non era fácil. Demasiadas opcións? En democracia a variedade é unha garantía, pero no noso sistema, que ten unha dereita, grande e libre… e que beneficia claramente aos grandes partidos… a fragmentación da oposición non semella a solución.

E sen sabelo, ao non enterrar as nosas diferenzas, esquecendo as nosas semellanzas, deixamos pasar unha das últimas oportunidades de cambiar as cousas. Pois lembrade que o novo (e absolutísimo, recordádeo) goberno de Feijoo (marca rexistrada, non confundir co PP, calquera parecido é pura coincidencia) vai facer unha populista reforma (recorte) no parlamento galego, coa que poderá blindar os seus resultados, favorecendo as grandes formacións (e xa sabemos cal é a máis grande, e libre) e dificultando a presenza de outras voces (que non sexan a súa) na cámara galega.

Sen embargo, lembrade. Teñen o poder, pero só basado nas matemáticas. Somos máis, a inmensa maioría silenciosa, en Galicia, non vota ao PP. Que non nos enganen con trucos… aprendamos a lección, e tentemos seguir adiante como poidamos. O dano xa está feito, só podemos mirar cara ao futuro e tentar facelo mellor a vindeira vez.

O tempo de chorar xa pasou, é o tempo de actuar. Non podemos pedir unha mellor politica se non a fabricamos nós… do contrario estamos a chamar por un mesías, iso sempre acaba mal.

Neste senso, me preocupa a deriva que estamos tendo tanto no noso país coma no resto do estado. Se ben aumenta a xente que se involucra (radicaliza, segundo algúns) na política, se manifesta… tamén aumenta a abstención, o voto a partidos verdadeiramente radicais, populistas… O 36,2% dos galegos e galegas chamados ao voto quedamos calados. Anécdotas a parte, é moita xente. Moita desa xente decidíu polo tanto non dicir nada de maneira voluntaria. Decidiron non participar. Decidiron que a democracia non interesa, que non merece a pena achegarse ao colexio electoral, elexir unha candidatura e metela na furna. Decidiron que outra xente decida por eles. Tamén medra o apoio (aínda que anecdótico) a partidos fascistas, coma FE das Jons, que dobra o seu número de votos. Ou o partidos dos Escanos en branco. Tamén se multiplicaron de maneira exponencial os votos en branco e os votos nulos… representan máis dun 5% dos votos totais, cando antes a penas pasaban do 2%.

Que nos pasa? Somos corzos ou que? Xa nos aburrimos da democracia? Que queremos? Por que botamos a lingua a pacer e logo á hora da verdade quedamos calados? Xa pasou o tempo no que había que quedar calado cando non estabas de acordo coas cousas…

VÍA-CRUCIS
Para Castelao

Galicia rube ó calvario.
Enrabiada co ceo,
sentouse nunha pedra, á beira do camiño,
cuberta astra os ollos co pardo mantelo.
É o mantelo probe
dos días de inverno;
dos días de choiva, de vento, de neve,
de fame, de enterro…
É o mantelo das penas e os pagos;
o mantelo probe, o mantelo vello
con que vai a falar co filliño que está na cadea
e darlle, ó chamado a servicio, o adiós derradeiro;
o que leva a pagar o consumo,
as oblatas, as rendas, os foros… e o demo do inferno;
o que pon cando saien os barcos
onde se van os galegos,
mar a fóra, mar a fóra,
lonxe dos nativos eidos;
o que visteu o día das tromentas
de Nebra e de Sofán -¡Trunfo do ferro!
¡Trunfo dos porcos bravos!
¡Trunfo dos homes roxos! ¡Trunfo dos homes negros!-
para ir, afogada en bágoas,
enrabiada co ceo,
detrás dunhas caixas longas,
camiño do cimiterio.
Galicia rube ó Calvario.
Non leva ás costas a cruz do Nazareno:
leva o seu mantelo probe,
leva o seu mantelo vello.
Galicia está cansa,
soia cos seus pensamentos.
Non chora; secouse a fonte.
Ten as serpes chuchándolle os peitos.
Non prega nin pon xusticia.
É mal da alma, e mal do desespero.

* * *

Batede no corazón;
poñédevos de xoenllos
e perguntai con santo amor de fillos,
alá no fondo, alá dentro
onde resoan cristaíñas, craras,
a voz da Raza, a voz do sentimento,
a voz da nosa Terra
máis forte que a oración, que a lei, que o ferro…
decídelle á vosa sangre
¿Son chegados os tempos?

Ramón Cabanillas
Da Terra Asoballada (1917/1926)