Viaxe ao lado escuro

Fronte a diversas situacións que xorden a cotío na nosa vida real é moi común que entremos nun estado de malhumor, carraxe, xenreira, e todo tipo de estados de ánimo e actitudes que dende hai pouco tempo concibo coma unha “viaxe ao lado escuro”. Quero aclarar xa de primeiras que con isto non estou a facer ningún tipo de referencia nin alusión friki, pois non son tan fervente seguidor das sagas cinematográficas de ciencia ficción.

Intento afrontar a vida dende un punto de vista en positivo, o único que creo que poida levar a algures. Pero de vez en cando é preciso acudir a dar unha volta ao lado escuro. Todavía non afondei abondo nesta teoría como para dicirvos cómo se chega, se é un encerro nun mesmo, un descenso ao interior dos nosos malos pensamentos ou unha realidade paralela na que son eses malos pensamentos os que saen e se apoderan da nosa realidade inundándoo todo. O caso é que de cando en vez toca visita, e como non se cumpra a seguinte vez será peor. É case coma esas visitas para saudar e tomar algo rápido, como botes moito tempo sen ir arríscaste a que na seguinte non saias dalí en toda a tarde ou ata que se fai noite. O lado escuro non se pode destruír, pódese aplazar pero acumúlase para a seguinte vez. É por iso que cómpre acudir puntual á cita.

Para min o lado escuro é un lugar de paso, e intento permanecer nel o mínimo posible, dende un rato ata unhas horas, o que dure o cabreo. Por fortuna sempre é algo rápido, intenso, pero soe ser unha veloz viaxe de ida e volta, sen traer nada de recordo. Pero hai xente que o toma con máis calma, e permanece como quen non quere a cousa, vítima de sentimentos que perduran máis no tempo, como as envexas, a xenreira, e outros dese tipo. Son outro tipo de viaxes, ou case mellor dito unha estancia case a tempo completo a cabalo entre ambos lados.

Logo de reflexionar algo sobre isto, parece que as viaxes ao lado escuro son inevitables de cando en vez, pero debemos fuxir de permanecer o menos posible dentro, para non quedar atrapados no seu interior. Non coñezo a ninguén que chegase a ningures adentrándose neste lado escuro, semella que a única saída é a de recuar por onde entramos e voltar ao estado normal, en positivo que é como se constrúen as cousas.

Astorga

Aínda que cun retraso de dous días dende que aconteceu, días infórmovos da miña volta ás terras da capital da horta Murciana para proseguir co último curso dos meus estudos unha vez pasadas estas vacacións de verán, que tras varios anos acurtándose por diferentes circunstancias (as do ano pasado remataron o 15 de agosto) foron incluso máis longas do que esperaba.

Tras duras discusións co meu pai, conseguín alongalas unha semana máis e viaxamos o domingo ao longo do día. Tiven as miñas dúbidas sobre a data escollida, 15 de setembro, domingo ademáis… ¿habería moito tráfico de ida-volta de vacacións? Finalmente botámonos á estrada -á autoestrada, máis ben, e ben que doen as peaxes- e fixemos o traxecto sen problemas, máis aló de atopar uns cantos coches que deixaron tirados na cuneta aos seus viaxeiros -¿falta de mantemento debido á crise? ¿casualidade?- e os restos dun accidente recente xa chegando a Murcia. O sol, a calor e a ausencia de vehículos na autoestrada de Albacete foron tópicos para romper o xeo e iniciar conversacións coas que facer máis levadeira a viaxe.

Coma sempre, viaxo acompañado da miña cámara, e nunha das paradas que fixemos tanto para descansar como para botar gasolina, detivémonos nunha área de servicio ás aforas da cidade castelá de Astorga, contando cunha panorámica xeral sen demasiados obstáculos visuais, que aprobeitei para retratar.

Illas Cíes (V): Lago dos Nenos

Illas Cíes (IV): Praia de Rodas

Illas Cíes (III): Fauna

Illas Cíes (II): Subida ao Faro de Cíes

Deica logo

Conservatorio Superior de Música “Manuel Massotti Littel” de Murcia
Paseo do Malecón, Murcia.

Despois de pasar tres meses do meu primeiro regreso das terras nórdicas á horta murciana, chega o momento do retorno definitivo á Terra de Trasancos que se fixo de rogar máis do que quixese, como tamén vén sendo habitual -mea culpa.

O período vacacional que se abre en Murcia coa celebración da Semana Santa e das Festas de Primavera ofréceme a oportunidade de pasar un par de semanas na miña terra, non é moito pero espero que colmen as miñas ansias ata a chegada do vrao.

Barrio de Ronda Sur dende o Carril da Condesa
Barrio de Ronda Sur dende o Carril da Condesa

Falando de despedidas, se onte facía homenaxe ao nacemento dun gran músico, hoxe toca despedir a outro dos grandes, faleceu en Suecia o mestre cubano Bebo Valdés. Sirva coma pequena e humilde homenaxe este vídeo dunha actuación súa en directo nunha gala de TVE celebrada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, en compañía de Diego “El Cigala” interpretando o célebre tema “Lágrimas Negras”.

Tempus fugit

O tempo voa, non se deixa atrapar, escorrega entre os dedos como a auga… Me gustaría crer que o podo conxelar, como fai Arvika co seu lago e coas súas pozas… o frío semella paralizalo todo, pero non. A vida continúa, o tempo segue o seu camiño inevitable.

E sen darme conta, aquelas cousas que parecían quedar tan lonxe, de socato están á volta da esquina. Parece que foi onte cando tiven as miñas primeiras clases en Ingesund, e xa estamos na recta final. Pouco queda por facer (non por eso menos interesante): unha clase máis de educación auditiva, un ensaio coa pianista… e o exame de clarinete, o día 11, ás 11. Polo medio estará aderezado cos intensivos ensaios da orquestra, a banda e do coro para os concertos de Nadal (Julkonserten, 8 de decembro) e de Santa Lucía (Luciakonserten, 13 de decembro). Tamén poderei facer unha das cousas que levo querendo dende hai tempo, tocar cunha cantante (moi boa, ademáis) acompañandoa xunto a outros amigos nun aria do “Cazador Furtivo” de Carl María von Weber, na Operafton.

Pero todo isto ven de golpe, e en pouco máis de dúas semanas aparecerá o día 18 de decembro (coa súa festa de Nadal) e porá punto e final a esta experiencia na Ingesund Musikhögskola. Fixádevos que escollín “esta” para referirme á experiencia… non é casual. A primeira arroutada foi poñer “poñer fin á miña experiencia…”. Pero resístome a poñer un final absoluto a isto, a pensar que non vou volver aínda que sexa de visita, de vacacións… non sei… Por experiencia sei que é posible que non volva nunca, o tempo fai que teñas outras cousas mellores ou máis importantes que facer… pero nunca se sabe, o pasado non se borra, pero o futuro nin sequera está escrito. E non se sabe se volverá a haber un capítulo da miña vida que sirva de continuación directa ou indirecta desta aventura, agora mesmo me gustaría que así fose.

Alédame voltar á casa polo Nadal, non vos enganedes. E ha de ser de gran axuda ver que todos marchamos ao mesmo tempo con destino aos nosos fogares. Pero aínda a pesar desa ilusión de marcha común, eu sei que non vou estar aquí para desfrutar do semestre de primavera. Eles non marchan, só o parece, só marcho eu. Esa sensación de partida, de perder oportunidades e experiencias, de non volver… é moi poderosa, e é capaz de tapar a ledicia que me pode producir poder voltar a ver á miña xente en Galicia, de facer música tamén con e, se podo, tamén para eles. Pero antes diso, antes de gañar, toca perder algo…

Pero á marxe da perda do semestre de primavera, co que nunca contei, queda tamén unha sensación de… “non da tempo a nada máis”. De quedar millóns de cousas por facer, de ter medo de arrepentirte de non ter feito todo o que podías ter feito neste tempo. Xa non hai volta atrás, iso sí, aínda me quedan algunhas páxinas que escribir neste capítulo, e vou aprobeitar para enchelas de cousas que recordar o resto da miña vida.

Conta atrás

Parece que foi onte cando comezaba a longa viaxe que me trouxo ata a Ingesund Musikhögskola, pero xa levo tres meses vivindo en Arvika. Nesta bitácora plasmei de maneira compulsiva as miñas primeiras impresións durante as primeiras xornadas, cheas de novidades e anécdotas. Tras ese estalido de inspiración seguíu unha relaxación nas seguintes semanas, con publicacións esporádicas incentivadas por unha toma de fotos ou algún tema de actualidade que me tocase a fibra sensible.

Arvika. SquarePero non vos enganedes, que non vos contase as cousas non quere dicir que non pasasen. O que pasa é que non tiven a arroutada de poñerme a contalo todo… era todo ou nada. Todo era moito, e nada… foi a opción que escollín. O devir nesta situación aconteceu coa chegada da rutina, as viaxes e as novidades dan moito xogo, pero os días de estudo e as clases, unha vez descritas… vólvese repetitivo: “E hoxe volvín a estudar. E veña escalas, e veña notas longas…” Os acontecementos reseñables non desapareceron, pero se diataron no tempo, hoxe un detalle, mañá ou pasadomañá outro… pero ningún digno de inspirar un texto per se.

E sen darme conta xa falta menos dun mes para o meu regreso, xa datado para o 20 de decembro. E tal e como apuntaba incluso os primeiros días, estou empezando a sentir unha dobre sensación, alegría por voltar a casa polo Nadal (como é lóxico),  pero unha profunda pena por non poder volver despois. Non me podo alegrar de volver a casa porque significa marchar de aquí para non volver… e agora xa estou moi agusto aquí. Vexo os proxectos nos que non poderei participar, os problemas que podo ter en Murcia, lembro os proxectos dos que xa desfrutei… e non podo evitar preguntarme por qué non pedín un ano enteiro.

Seino de sobra. Iso é o peor. Finalmente sempre me digo a min mesmo: “Deixa de pensar parvadas e aprobeita ao máximo o pouco tempo que che queda aquí… e logo o que veña xa virá.”

Stads Hotel - KarlstadE iso mesmo penso facer, pois este mes vén cargadiño de cousas interesantes. Definitivamente vou intentar tocar a Rapsodia para clarinete de Debussy, e algunha/s peza/s española/s tamén. Todavía non sei se haberá unha data nas que as poida tocar en concerto, pero seguro que algo pode aparecer. Voume poñer a traballar de maneira intensa nisto dende mañá mesmo (aínda que algo de traballo xa levo feito). Tamén será tempo para elexir a obra de clarinete solo que vou interpretar en xaneiro (xa en Murcia).

No eido da música en conxunto non podo ter mellor menú. De entre as pezas traballadas este curso a banda interpretará en concerto as miñas dúas favoritas, o “Epílogo” do Conto de Inverno de Lars-Erik Larsson e Disney Time, coa música das clásicas películas que todos os suecos ven o día de Nadal (tradición sueca). Nese mesmo concerto (tras a magnífica experiencia tocando o clarinete baixo na 3ª sinfonía de Saint-Säens) tocaremos tamén coa orquestra sinfónica, onde tamén esta vez teño un sitio reservado. Seguiremos traballando tamén no Octeto (Serenadensemble) de Mozart e cos cuartetos de clarientes, esperando poder facer algunha presentación en público (ou polo menos algunha gravación para levar un recordo).

O menú do coro é tamén nutrido e interesante. Esta semana nos estamos adicando de maneira intensiva a ensaiar o programa adicado a Bach & Händel, acompañados pola orquestra. Teremos dous concertos con este magnífico (para o meu gusto) programa, o primeiro é o domingo na igrexa de Gunnarskog (Kog, en sueco significa fraga) e o segundo o día 30 no CCC de Karlstad (Sala de concertos). Asimesmo, o pasado martes iniciamos a preparación do seguinte programa, que será para o concerto de Santa Lucía, o 13 de decembro, no que é tradicional en Suecia cantar música navideña.

Karlstad Store TorgetO contrapunto (nunca mellor dito) o poñen as materias teóricas. Cada vez teño máis claro que non vou ter clases de análise. Pero en cambio, sí tiven unhas leccións de educación auditiva e inguaxe musical que me foron moi útiles, e que nun principio non estaban previstas. Tampouco é un problema moi grande non ter análise, a avaliación en Murcia é anual, así que polas duras ou polas maduras me vexo examinándome do curso enteiro, non creo que me vaian facer un exame só para min… tocará poñerse as pilas á volta.

Pero aínda coa mosca detrás da orella polos problemas que poda ter ao volver a Murcia, o meu balance a un mes de volver segue a ser moi positivo, incluso máis que a última vez que o fixen. E espero poder esaxeralo aínda máis dentro dun mes, ata quedar sen palabras para describilo…