Illas Cíes (II): Subida ao Faro de Cíes

Illas Cíes (I)

Vista satélite con puntos de interese. Illas Cíes.

Este ano, a Xove Banda de Narón organizou unha viaxe ás Illas Cíes (Vigo) para agasallar aos membros polo traballo realizado durante todo o ano e a modo de punto e final da tempada, dando comezo así ao mes de vacacións.

As Illas Cíes son un enclave natural de gran beleza e interese natural e paisaxístico, ubicadas á entrada da Ría de Vigo. Son parque natural dende 1980, e forman parte do “Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”, declarado no 2002, xunto cos arquipélagos e illas de Ons, Sálvora, Noro, Vionta, Cortegada e Malveiras.

Mapa coas rutas de sendeirismo e os lugares de interese. Illas Cíes.

A continuación aparece a primeira parte das fotos que saquei aprobeitando a viaxe e o día espléndido que fixo, que dividín en 5 bloques temáticos para distribuír mellor a súa publicación:

  • Fotos xerais: Alto do Príncipe, ponte entre as Illas, e instantáneas soltas de diversos lugares.
  • Subida ao Faro das Cíes
  •  Fauna
  • Praia de Rodas
  • Lago dos Nenos