Lembranzas de Ingesund (I): banda, orquesta e coro

11 de setembro de 2012. Aula Magna, Universidade de Karlstad.
Sommarvalsen (solista: Ale Möller). Banda da Ingesund Musikhögskolan.

17 de novembro de 2012. Brunnskog kyrka.
Camille Saint-Säens: Sinfonía no. 3 “Órgano”.
Orquestra Sinfónica da Ingesunds Musikhögskolan.



22 de novembro de 2012. Aulan, Ingesund Musikhögskolan.
Bach: Koral 28 “Dies hat er Alles uns getan” / Händel: Hallelujah
150 ungdomar möter BACH & HÄNDEL
General repetition. Musikhögskolan Ingesund. Aulan.

Conta atrás

Parece que foi onte cando comezaba a longa viaxe que me trouxo ata a Ingesund Musikhögskola, pero xa levo tres meses vivindo en Arvika. Nesta bitácora plasmei de maneira compulsiva as miñas primeiras impresións durante as primeiras xornadas, cheas de novidades e anécdotas. Tras ese estalido de inspiración seguíu unha relaxación nas seguintes semanas, con publicacións esporádicas incentivadas por unha toma de fotos ou algún tema de actualidade que me tocase a fibra sensible.

Arvika. SquarePero non vos enganedes, que non vos contase as cousas non quere dicir que non pasasen. O que pasa é que non tiven a arroutada de poñerme a contalo todo… era todo ou nada. Todo era moito, e nada… foi a opción que escollín. O devir nesta situación aconteceu coa chegada da rutina, as viaxes e as novidades dan moito xogo, pero os días de estudo e as clases, unha vez descritas… vólvese repetitivo: “E hoxe volvín a estudar. E veña escalas, e veña notas longas…” Os acontecementos reseñables non desapareceron, pero se diataron no tempo, hoxe un detalle, mañá ou pasadomañá outro… pero ningún digno de inspirar un texto per se.

E sen darme conta xa falta menos dun mes para o meu regreso, xa datado para o 20 de decembro. E tal e como apuntaba incluso os primeiros días, estou empezando a sentir unha dobre sensación, alegría por voltar a casa polo Nadal (como é lóxico),  pero unha profunda pena por non poder volver despois. Non me podo alegrar de volver a casa porque significa marchar de aquí para non volver… e agora xa estou moi agusto aquí. Vexo os proxectos nos que non poderei participar, os problemas que podo ter en Murcia, lembro os proxectos dos que xa desfrutei… e non podo evitar preguntarme por qué non pedín un ano enteiro.

Seino de sobra. Iso é o peor. Finalmente sempre me digo a min mesmo: “Deixa de pensar parvadas e aprobeita ao máximo o pouco tempo que che queda aquí… e logo o que veña xa virá.”

Stads Hotel - KarlstadE iso mesmo penso facer, pois este mes vén cargadiño de cousas interesantes. Definitivamente vou intentar tocar a Rapsodia para clarinete de Debussy, e algunha/s peza/s española/s tamén. Todavía non sei se haberá unha data nas que as poida tocar en concerto, pero seguro que algo pode aparecer. Voume poñer a traballar de maneira intensa nisto dende mañá mesmo (aínda que algo de traballo xa levo feito). Tamén será tempo para elexir a obra de clarinete solo que vou interpretar en xaneiro (xa en Murcia).

No eido da música en conxunto non podo ter mellor menú. De entre as pezas traballadas este curso a banda interpretará en concerto as miñas dúas favoritas, o “Epílogo” do Conto de Inverno de Lars-Erik Larsson e Disney Time, coa música das clásicas películas que todos os suecos ven o día de Nadal (tradición sueca). Nese mesmo concerto (tras a magnífica experiencia tocando o clarinete baixo na 3ª sinfonía de Saint-Säens) tocaremos tamén coa orquestra sinfónica, onde tamén esta vez teño un sitio reservado. Seguiremos traballando tamén no Octeto (Serenadensemble) de Mozart e cos cuartetos de clarientes, esperando poder facer algunha presentación en público (ou polo menos algunha gravación para levar un recordo).

O menú do coro é tamén nutrido e interesante. Esta semana nos estamos adicando de maneira intensiva a ensaiar o programa adicado a Bach & Händel, acompañados pola orquestra. Teremos dous concertos con este magnífico (para o meu gusto) programa, o primeiro é o domingo na igrexa de Gunnarskog (Kog, en sueco significa fraga) e o segundo o día 30 no CCC de Karlstad (Sala de concertos). Asimesmo, o pasado martes iniciamos a preparación do seguinte programa, que será para o concerto de Santa Lucía, o 13 de decembro, no que é tradicional en Suecia cantar música navideña.

Karlstad Store TorgetO contrapunto (nunca mellor dito) o poñen as materias teóricas. Cada vez teño máis claro que non vou ter clases de análise. Pero en cambio, sí tiven unhas leccións de educación auditiva e inguaxe musical que me foron moi útiles, e que nun principio non estaban previstas. Tampouco é un problema moi grande non ter análise, a avaliación en Murcia é anual, así que polas duras ou polas maduras me vexo examinándome do curso enteiro, non creo que me vaian facer un exame só para min… tocará poñerse as pilas á volta.

Pero aínda coa mosca detrás da orella polos problemas que poda ter ao volver a Murcia, o meu balance a un mes de volver segue a ser moi positivo, incluso máis que a última vez que o fixen. E espero poder esaxeralo aínda máis dentro dun mes, ata quedar sen palabras para describilo…