Globo das festas de San Roque en Betanzos

A velada comezou da man da Orquestra Marbella, que amenizou a verbena na espera do tan ansiado momento da solta do globo, o máis grande do mundo feito en papel.

Praza dos Irmáns García Naveiras de Betanzos, vista dende o palco por cortesía da Orquestra Marbella.

O proceso para soltar o globo iniciouse ás 23:30 cando se empezou a dispoñer todo o preciso para o proceso de hinchado, que comezou ás 00:00 horas e durou en torno a media hora. Para isto saíu o globo pregado dende o interior da igrexa, e unha vez na praza, foi levantado por unha corda dende a torre campanario, desta maneira mantívose vertical mentres de inflaba lentamente co aire quente do lume alimentado polas pallas. Conforme o globo foi collendo forma, fórono alonxando da igrexa cara ao centro dese recanto da praza. Cando estivo listo, os encargados déronlle unha volta para que a xente puidese ver as múltiples ilustracións satíricas que o decoraban, moi inxeñosas a meirande parte delas.

Tras isto, o globo despegou, estalando unha traca de lucería no aire e acompañado do repique das campás da igrexa. O lanzamento do globo veu seguido dunha sesión de fogos de artificio que incluíu a queima dunha figura diante da porta da igrexa, fogos lanzados dende alí e outra tirada de fogos maior dende a beira do Mandeo, ás aforas de Betanzos.

Finalmente, e como curiosidade, o globo rematou a súa travesía en terras do novo famoso concello fusionado de Oza-Cesuras: