Igrexa de Santiago de Pontedeume

Onte fun á vila dos Andrade para participar coa banda de música de Charamela de Pontedeume no pregón das populares festas das Peras, que a vila eumesa celebra á fin do verán na honra da Virxe das Virtudes, e que recibe o nome do mercado de froita (sobre todo peras, que se dan neste tempo) que fan durante as mesmas, ademáis doutras tradicións coma o desfile cos mómaros e a cucaña marítima.

A miña primeira idea foi levar a cámara para facer unha pequena reportaxe destas senlleiras festas, aprobeitando que tiña a oportunidade de estar alí, pero a realidade non sempre se axusta aos plans previstos, e rematei sacando só unhas poucas fotos da impoñente igrexa desta señorial vila, adicada ao patrón Santiago.

A igrexa de Santiago de Pontedeume ten orixe gótica, pero como resultado de sucesivas fases reconstructivas posteriores, presenta unha arquitectura sobre todo neoclásica. De planta rectangular de tres naves, a capela maior é unha mostra do estilo gótico tardío, mandada construír por Fernando de Andrade, señor fuedal da bisbarra, en 1538; nela atópase o seu sepulcro, cuxa estatua xacente data de 1540.

No seu interior conta cunha ornamentación formada por numerosos retablos tardobarrocos e neoclásicos. O resto da igrexa é de estilo neoclásico, mandada edificar polo arzobispo de Santiago de Compostela Bartolomé Rajoy e Losada, natural de Pontedeume.

Destaca a súa monumental fachada neoclásica con reminiscencias barrocas, organizada en tres lenzos. Nos lenzos laterais atópanse portas de entrada secundarias e torres campanario. No lenzo central está a porta principal, separada por dúas grosas columnas e unha ventá para a iluminación interior, así como o campanario principal.

Gregorio Baudot Puente: El tren de la alegría (Ferrol, 1913)

f16c6f1

Aínda que xa o rei Alfonso XII e a súa muller viñeran un ano antes á botadura dun acorazado nos asteleiros de Ferrol, o día 5 de maio de 1913 fíxose a innauguración oficial da liña de ferrocarril Betanzos – Ferrol, variante da liña A Coruña – Madrid, de 1883.

Máis de 30 anos de demora nas obras para 42 kilómetros de percorrido, que xa levaban 60 anos na cabezas dalgúns… decretouse a construcción desta variante o mesmo ano da que se abreu a liña principal A Coruña – Madrid (1883). Mais as obras non comezaron ata o 6 de setembro de 1900. Este tramo ferroviario foi o primeiro construído polo estado e explotado por éste mesmo, fundamentalmente debido á falta de iniciativa privada nos diferentes concursos convocados para un proxecto que se considerou estratéxico.

O seu recorrido incluía orixinalmente as seguintes estacións e apeadeiros (moitos están hoxe pechados ou case inutilizados): Betanzos Infesta, Betanzos Cidade, Paderne (apeadeiro), Miño, Perbes (apeadeiro), Pontedeume, Cabanas (apeadeiro), Franza (Mugardos), Barallobre (Fene), Perlío (Fene), Neda e Ferrol. Curiosamente, Narón é o único concello por onde pasa que non conta con estación nin apeadeiro.

Para a chegada deste primeiro ferrocarril á cidade departamental, o maestro D. Gregorio Baudot Puente, director da Banda de Música do Tercio Norte de Infantería de Marina compuxo dúas pezas conmemorativas: o célebre pasodobre “Lugo-Ferrol” e unha marcha descriptiva “El tren de la alegría”. 

https://soundcloud.com/ivanfernandezcoba/gregorio-baudot-puente-el-tren

Máis información: