Cada cousa no seu tempo

Christmas Cactus

Tras moito buscar para emparellar texto e foto para este derradeiro reflexo do 2019, atopei un poema da gran Rosalía.

 

CADA COUSA NO SEU TEMPO

Do alegre maio unha alborada fresca
foite a sorrir no outono malencónico,
e por nadal os membros ateridos
quentache ben contente a un sol de agosto;
buscando a sombra inquieto e pesaroso;
mais a mamoria preguizosa tarde

trouxera ó teu recordo
que aqueses cambios bruscos,
raros e impetuosos

de loitos e pesares, nesta vida,
sinal segura eternamente fonon.
E tras daque calor que che emprestara

no inverno un sol de agosto,

só sentiche da frebe o mortal frío

que helou hastra os teus ósos.
As cousas no seu tempo
I as feras no seu tobo.

Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880.

Fermosa é a terra

Luz
Aquel día de decembro de hai sete anos tamén chorei, do xeito máis sincero e espontáneo que lembro na miña vida, cando uns minutos antes de agardar polo derradeiro autobús que me alonxaría de maneira definitava daquel lugar máxico no que se convertera Ingesun para in fun devolver as chaves da que fora a miña habitación.

Foi unha xélida bofetada da realidade, como se albiscase de súpeto naquel instante que sen esas chaves non podería volver abrir as portas da felicidade que durante uns meses puiden acariñar coas xemas dos dedos.

Normalmente este tipo de reaccións adoita tratarse dun dramatismo propio de épocas de cambios, e ao pouco tempo novas portas ábrense para seguir progresando no camiño da vida. Porén, no meu caso o tempo porfiou en darme a razón naquel nevado presentimentoalimentado na miña cabeza pola morriña dos sons da célebre panxoliña nórdica “Härlig er jorden” que tocara días atrás. Aínda hoxe esta música consegue que me percorra un escalafrío ao escoitala.

En decembro de 2014, outro annus horribilis da miña traxectoria vital, gravei esta peza a catro voces co clarinete baixo un día que tamén quedaría gravado para sempre con letras invisibles nos meus calendarios.

*Tedes que perdoar os desaxustes na gravación, foi unha idea espontánea e nunca tal cousa fixera. A tecnoloxía que se manexa actualmente para facer estas montaxes de audio e video aínda non se popularizara tanto.

…E entón xa sabes que pronto é Nadal

Belén

Det strålar en stjärna förunderligt blid,
i öster på himlen hon står.
Hon lyst över världenes oro och strid
i nära två tusende år.
När dagen blir mörk och när snön faller vit,
då skrider hon närmre, då kommer hon hit
och då vet man, att snart är det jul.

Ty julen är härlig för stora och små,
är glädje och ljuvaste frid,
är klappar och julgran och ringdans också,
är lycka oändligen blid,
är ljus, alla ögon då stråla som bäst,
och stjärnorna tindra som mest
och där ljuset är, där är det jul.

Irradia unha estrela de ledicia marabillosa
ao leste no ceo está.
Ela estaba entusiasmada coas preocupacións e as loitas do mundo
durante case dous mil anos.
Cando o día se escurece e cando a neve cae branca,
logo ela se aproxima, logo vén aquí
e entón xa sabes que pronto é Nadal.

Porque o Nadal é xenial para grandes e pequenos,
é alegría e máis doce paz,
son agasallos e árbore de Nadal e baile de anel tamén
a felicidade é infinitamente suave,
é leve, todas as miradas irradian no seu mellor momento,
e as estrelas brillan máis
e onde está a luz, hai Nadal.

[Traducción automática de google]

Unha boda en einibó

Buxainas

[…]

IV

A francachela acabouse
que afé que non foi ruín.
Xa é de noite. A branca lúa
alá no ceo nos confís,
entre un enxame de estrelas
como almendras de Allariz,
inda loce que parece
un pandeiro de marfín.

De frescos cheiros cargada
pasaba soprando a bris,
i os paxariños nas pólas
e nas chousas a perdiz.

Nos seus buracos os grilos
i as ovellas no cubil,
us cos seus roucos cantares
i autros con trinos xentís
compuñan unha harmunía
¡que era o que había que ouír!

Parece que a Natureza,
nai querendosa e felís,
daba o parabén ós noivos,
que eran esposos por fin.

¡Mirainos! Ó son da gaita,
do bombo e do tambouril,
están bailando a muñeira
el i ela ó pé do patín.
¡Como el torce aquelas pernas!
¡Como ela estroza o mandil!
¡Como recolee el a faixa!
¡Como ela move os cadrís!

Arredor deles, en roda,
mozos e mozas alí
bailan tamén, entramentres
que pegando atruxos mil,
esmoen o pan da boda
un fato de pelingrís.

Tanta alegría mirando,
os vellos sin dentes rin
e senten non te-las pernas
pra choutar e rebulir.

Erguen cen nubes de polvo
coas chancas os bailarís,
e tanto castañetexan
que naide se entende alí.

Gueiteiro que máis ben toque
nunca en Einibó se viu,
que anque toca a secas, toca
que non hai máis que pedir.

Vendo como repinica
naquel punteiro sutil,
todos quédanse asombrados
un istante sin sentir.

E cando ó cabo, repostos
do asombro, volven en sí,
perguntan todos: “¿I os noivos?”
…………………………..
¡Vai voa!¡Nin cun candil!

Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

 

Nos seguintes enlaces podes ver o resto das fotos que tirei na XI Xornada de Cultura Popular Galega da AFC Berros do Castro de San Sadurniño celebrada antonte:

Buxainas de Cedeira
Raparigos de Ferrol
Obradoiro de Pandeiro de Xulia Feixóo e Guillerme Inácio
Outros momentos

O domingo

Solpor de outono

Xa está o domingo
mollado de saudades.

Polas rúas

van en ringleira os homes
coma curuxas.

De laxe en laxe van,
debruzando o seu tedio
mollado de campás.
O tempo
está encorado.

Triste domingo
no que os xardís figuran camposantos.

O domingo de sempre.
Pombas alegres de mañán nos colos,
i a mesma anguria á tarde
caíndo polos ollos.

Ringleiras de
tendeiros no domingo
preguizoso, esyantío,
camiñan pra ningures a modiño.

Cánta pena de golpe,
acochada nos días e nos anos,
vén parar a ista poza.
Cánta moura verdá niste relanzo
mollado de campás…

Antón Tovar: Arredores (1962)

Fotografía de outono

Novembro

No tempo aque da auga dos milcroques
a esbarar e da ruína das cerdeiras
dos salgueiros esluados e tamén do ollar canso
do xardineiro que enxertou a rosa
na paixón agachada

descubriámo-los nomes da ledicia
nun serán de seixo no vilego
acougo da ribeira.

A vila sente o pulo deste río
mais comparte o destino dos máis vellos
penedos que na distancia asexan:

fica atoado o seu congostro inxel.

E nesta tremeluz nós ficaremos:
nos relanzos do Outono que nos pinta.

Xosé Manuel Vélez: Ritos de auga (1993)

Sarabanda

Sarabande

Esta semana volvo a insistir con esta fermosa Sarabanda de Johann Sebastian Bach pero xa por fin co clarinete baixo, instrumento que a diferencia do clarinete é capaz de tocar na tesitura na que o cello fai marabillas con esta partitura. Como aprender a tocar o cello é unha empresa un chisco fóra do meu alcance neste momento esta é a maneira que -hereticamente- teño de achegarme en primeira persoa a esta música tan intensa.