Unha boda en einibó

Buxainas

[…]

IV

A francachela acabouse
que afé que non foi ruín.
Xa é de noite. A branca lúa
alá no ceo nos confís,
entre un enxame de estrelas
como almendras de Allariz,
inda loce que parece
un pandeiro de marfín.

De frescos cheiros cargada
pasaba soprando a bris,
i os paxariños nas pólas
e nas chousas a perdiz.

Nos seus buracos os grilos
i as ovellas no cubil,
us cos seus roucos cantares
i autros con trinos xentís
compuñan unha harmunía
¡que era o que había que ouír!

Parece que a Natureza,
nai querendosa e felís,
daba o parabén ós noivos,
que eran esposos por fin.

¡Mirainos! Ó son da gaita,
do bombo e do tambouril,
están bailando a muñeira
el i ela ó pé do patín.
¡Como el torce aquelas pernas!
¡Como ela estroza o mandil!
¡Como recolee el a faixa!
¡Como ela move os cadrís!

Arredor deles, en roda,
mozos e mozas alí
bailan tamén, entramentres
que pegando atruxos mil,
esmoen o pan da boda
un fato de pelingrís.

Tanta alegría mirando,
os vellos sin dentes rin
e senten non te-las pernas
pra choutar e rebulir.

Erguen cen nubes de polvo
coas chancas os bailarís,
e tanto castañetexan
que naide se entende alí.

Gueiteiro que máis ben toque
nunca en Einibó se viu,
que anque toca a secas, toca
que non hai máis que pedir.

Vendo como repinica
naquel punteiro sutil,
todos quédanse asombrados
un istante sin sentir.

E cando ó cabo, repostos
do asombro, volven en sí,
perguntan todos: “¿I os noivos?”
…………………………..
¡Vai voa!¡Nin cun candil!

Manuel Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

 

Nos seguintes enlaces podes ver o resto das fotos que tirei na XI Xornada de Cultura Popular Galega da AFC Berros do Castro de San Sadurniño celebrada antonte:

Buxainas de Cedeira
Raparigos de Ferrol
Obradoiro de Pandeiro de Xulia Feixóo e Guillerme Inácio
Outros momentos

Tes algo máis que dicir? Non te cortes e deixa unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.