A Ría de Ferrol dende o paseo marítimo da Gándara

Tódolos días do último mes pasei polo polígono da Gándara (Narón) camiño da miña casa e dende o primeiro día que o fixen quedo embelesado pola visión que se abre da Ría de Ferrol, da ponte das Pías e do veciño concello de Fene. Cada día é diferente, mudan as mareas, a luz, o tempo, a claridade e limpeza do aire… sempre igual pero sempre diferente.

Varias veces aparquei para tirar unhas instantáneas coa miña cámara, probando sorte a ver se conseguía algunha imaxe que transmitise a beleza que un lugar tan fermoso (coma degradado) me transmite ao pasar por alí. Hoxe por fin, sen contar con facelo debido ao mal tempo que imperou durante a xornada, atopeime coa marea chea e as augas relativamente calmas, e non puiden resistir a tentación de tentar ofrecervos unha visión un tanto escura e apagada pero auténtica e igualmente bela.

4

Ás veces non hai nada que contar. A todos nos pasa, non é que non aconteza nada ao redor nin que non pensemos en nada, simplemente non conseguimos canalizar o impulso de compartilas. Pero noutras ocasións ocorre case que o contrario, son tantas as cousas que semella mellor ficar calado por non sentirse quén de expresalas, ou ben non querer facelo.

Pois eu levo xa catro meses nesta última situación, cunha vida a medias, a cuartos ou a oitavos, non por non tela senó máis ben por non vivila para mín. O tempo entregado daría moito que falar, pero as cousas da casa non se comentan na praza. E así seguimos día a día, uns mellor que outros pero parece que en liñas xerais a mellor.

O tempo vólvese relativo, as datas mudan de relevancia, e o que tiña présa hai nada agora pode agardar a outro momento no que poder adicarlle a atención que precisa. Non se trata de abandonar os meus proxectos, só de atender primeiro ao máis importante e retomalos máis adiante dunha forma renovada e cunha ilusión que agora sería imposible de xerar.

A Ría de Ferrol vista dende A Gándara (Narón)
A Ría de Ferrol vista dende A Gándara (Narón)

Por outra banda, a volta á Terra posibilita outras experiencias, que na medida do posíbel tamén cómpre explorar, tratando de encher o inmenso baleiro da morriña creado durante estes anos de estudo en Murcia. En principio non se trata xa de botar raíces aquí, pero sí de sentirme por un tempo no meu fogar.

Non sei ata cando durará isto, o tempo dirá.

Un paseo pola Ría de Ferrol. Caranza e A Gándara.

P8030095Empezo a miña viaxe na Ensenada de Caranza, onde seguindo o Camiño Inglés a Santiago que pasa polo seu paseo marítimo, chegarei ata A Gándara, xa no Concello de Narón.
P8030086P8030087P8030088P8030089P8030090P8030091Ao fondo da Ensenada de Caranza, mirando cara a Ría de Ferrol atopamos dous modernos edificios, o Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” e máis o novo (e aínda sen estrear) Auditorio Municipal de Ferrol.
P8030092P8030093No lado oposto, as instalacións da Escola militar “Antonio Escaño” e ao fondo as grúas dos asteleiros de Navantia, antiga Empresa Nacional Bazán.
P8030094P8030096P8030097P8030098P8030099P8030101P8030102P8030103
P8030104P8030105Prosigo o meu camiño abandonando a primeira posición, e chego á Praia de Caranza. Ao seu carón atopamos a Ermida de Santa María de Caranza. Do outro lado da Ría se ven as instalacións de Navantia Fene.
P8030106P8030107P8030108P8030109P8030110P8030111P8030112P8030113P8030114P8030115P8030116P8030117P8030118P8030119P8030120P8030121P8030122P8030123P8030124P8030125P8030126Tamén na outra banda da Ría, esta vez no concello de Mugardos, o porto do Seixo.
P8030127P8030128P8030129P8030130P8030131P8030132P8030133P8030134P8030135P8030136P8030137P8030138P8030139Despois de ter sacadas tantas fotos en Caranza, proseguín o meu camiño de volta á casa polo polígono industrial da Gándara, xa no Concello de Narón. Ás instalacións de Navantia Fene do outro lado da ría, engadimos a Ponte das Pías, que desde esta perspectiva naronesa si se ve, e non se albiscaba nas anteriores fotos de Caranza.
P8030140P8030141P8030142P8030143P8030144P8030145P8030146P8030147P8030149Se miramos cara ao lado contrario, cara ao fondo da Ría vemos o Concello de Neda e en primeiro plano os amarres dos mariscadores da Gándara.
P8030148P8030150Non podo deixar de facer mención ás torres de alta tensión, presentes na maioría das fotos, das que tentei escapar canto puiden, pero que eran tan omnipresentes que finalmente optei por integralas na composición das fotografías.

P8030151

P8030152

Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao