Si eu tiver…

Últimas raiolas

Si eu tiver a fror do lume,
teu amor acendería.
Ai,
si eu tiver a fror do lume,
outro galo cantaría.

Si eu tiver as ás do vento,
á groria te levaría.
Ai,
si eu tiver as ás do vento,
outro galo cantaría.

Si eu tiver a vos do mar,
teus sonos arrolaría.
Ai,
si eu tiver a vos do mar,
outro galo cantaría.

Si eu tiver o sol e a lúa,
acesos de noite e día…
Ai,
si eu tiver o mundo enteiro,
¡outro galo cantaría!

Manuel Luís Acuña. Fírgoas, 1933.

Advertisements

Tes algo máis que dicir? Non te cortes e deixa unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.