Xove Narón

Xove Narón

“Parecemos tristes, pero es todo de broma”

Pasou o día, pasou a romaría. Non quixemos escribir nada antes para deixar descansar a todo o mundo despois de pasar onte todo o día en Compostela.

En primeiro lugar, é xusto dá-la nosa máis sincera noraboa a todas e cada unha das bandas participantes no certame, sabemos por experiencia que a decisión de participar precisa dunha gran valentía que non todas as bandas poden afrontar, e xa só o feito de chegar a subir ao escenario do Auditorio de Galicia pode supoñer toda unha carreira de obstáculos que require do esforzo, sacrificio, implicación e comprensión de moitas persoas: músicos, directivos, familiares, amigos… noraboa a todos.

Na liña do que diciamos, temos que agradecer profundamente o esforzo sincero dos nosos músicos, o traballo incansable dos nosos directivos, o apoio incondicional dos nosos achegados e sobre todo, a PACIENCIA infinita do noso director Francisco San Ramón. Estes catro pilares soportan sen dúbida algunha a labor da Xove Banda de Narón durante todo o ano, e sen eles sería impensable ter chegado a ningures. Grazas de todo corazón.

En último lugar, pero non menos importante, cómpre agradecer á Federación Galega de Bandas de Música Populares o esforzo que supón a organización dun certame que xa só pola mera experiencia de vivilo é un verdadeiro agasallo para as nosas bandas de música; ao xurado e ás institucións e entidades que o apoian e soportan polo exquisito trato co que nos acolleron, esperamos que gostaran da nosa música tanto como gozamos no escenario. Tamén temos que agradecer a paciencia de tódolos traballadores que de maneira individual fan coa súa labor que todo sexa máis doado, dende o bedel que nos abre a porta para poder ensaiar e mover instrumentos a deshora, ata ao chófer que nos leva e nos trae de volta.

Pero como diciamos ao principio, toca seguir traballando. Hoxe os alumnos e alumnas da nosa escola de música retoman as súas clases despois da ponte festiva, eles son o futuro da nosa banda, aos que lles adicamos con agarimo todo este esforzo para que no futuro podan gozar tanto da música como facemos os que un día pasamos por esas aulas. Estes días lembrámonos moito da morea de antigos alumnos que non puideron acompañarnos nesta andaina porque as súas exitosas carreiras musicais e profesionais non llelo permitiron, sentimos moi preto o seu apoio e alegrámonos moito por eles, sabedes que sempre teredes aquí a vosa casa cando a vosa axenda volo permita. Pero tamén este certame foi o primeiro para algúns novos compañeiros aos que vimos medrar dentro da nosa escola. Só a experiencia de vivir isto con eles xa fai que todo este esforzo mereza a pena.

Grazas.

É día de agradecementos, hoxe non creo que sexa capaz de escribir nada mellor.

 

Advertisements

Tes algo máis que dicir? Non te cortes e deixa unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.